¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
Congreso de Economía Social e Solidaria organizado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS Galicia)
Congreso de Economía Social e Solidaria organizado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS Galicia)
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O LIES_GA no Congreso de Economía Social de REAS Galicia

20/10/2024

  • O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia participou no encontro estatal da REAS, fortalecendo lazos e visibilizando o potencial do emprendemento cultural e sostible entre a comunidade universitaria.

Esta semana, LIES_GA (Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia) participou no Congreso de Economía Social e Solidaria organizado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), celebrado en Santiago de Compostela. Este evento supuxo unha oportunidade única para visibilizar o noso traballo, promover a colaboración con proxectos afíns e fortalecer as redes no eido da economía social.

Un dos puntos máis destacados do encontro foi a intervención de Loreto Fernández, do LIES_GA, quen explicou como o laboratorio busca promover e desenvolver a economía social na comunidade universitaria. Desde a súa sede, LIES_GA actúa como unha ponte de coñecemento entre estudantes e entidades de economía social, enfocándose en fomentar a innovación, o emprego sostible e as competencias emprendedoras, aliñándose cos obxectivos da Axenda 2030.

Loreto Fernández destacou tamén as actividades que LIES_GA organizou e nas que colaborou ao longo dos últimos anos, como as tres edicións do hackathon social, a participación en actividades de Aprendizaxe e Servizo (APS), ou nas Semanas de Economía Social a nivel estatal. O laboratorio tamén fomenta o intercambio de experiencias en eventos de emprendemento, promovendo o talento universitario e facilitando a súa conexión co sector da economía social.

Para este curso, ademais destas iniciativas, LIES_GA aposta por fortalecer a súa estratexia de comunicación con tres campañas en redes sociais dirixidas a achegar a economía social á comunidade universitaria. A primeira campaña, centrada no sector cultural, xa está en marcha, e proximamente lanzaranse as campañas dos sectores tecnolóxico e agroalimentario. Ademais, o laboratorio iniciará o ciclo “Diálogos Inspiradores Universidade-Economía Social” o vindeiro día 20 ás 16:30 na Facultade de Económicas, cun encontro entre Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego, e Claudia Rodríguez, da cooperativa Alén (certificada como BCorp), para afondar na sostibilidade do sector agroalimentario cooperativo en Galicia.

A nosa presenza no Congreso reafirma o compromiso de LIES_GA de continuar achegando a economía social á comunidade universitaria galega, impulsando proxectos culturais e empresariais que respondan aos desafíos sociais e medioambientais actuais. 

Congreso de Economía Social e Solidaria
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar